Benvidos a web da nosa Federación.
O propósito da Federación (FANPAS NORTE), é obter unha mellora na educación pública -a de nosos fill@s-, a través da constante información e unión de vontades. Esperemos que sexa o noso verdadeiro MEDIO DE COMUNICACION, e asimesmo, que pouco a pouco os ENLACES, formen unha biblioteca organizada dentro dan gran Biblioteca viva que e Internet. De todos depende a súa construcción, e a súa vida.
Dado que Internet é un medio de comunicación moi útil para toda a comunidade educativa vémonos na obriga de axudar a introducir ós alumnos, os nosos fillos, de maneira progresiva no coñecemento dos programas e mecanismos da rede, abrindo deste xeito un camiño de infinitas posibilidades, e colaborando así na tarefa do uso responsable de Internet, no medio educativo.
Damos moita importancia ós enlaces a donde nos poda levar esta páxina, pois dende aquí podemos encontrar os máis variados temas educativos, .......arte, ciencia, matemáticas, ecoloxía, solidaridade, cursos de idiomas, de música, de informática, institucións, proxectos educativos en Internet, xogos, acertixos, etc.; e como non, tamén hai buscadores que axudan a encontrar de forma concreta aquelo que nós lle solicitamos. A cantidade de estos enlaces irá crecendo pouco a pouco. Esperamos a colaboración de todos, pais e nais, nen@s, xoves, mestres e profesores, e de todas aquelas persoas que poidan e queiran aportar algo para axudarnos a todos na fascinante tarefa de medrar.
|
|