INICIO
ANPAS
CENTROS EDUCATIVOS
PARA PAIS E NAIS
PARA NEN@S
GALICIA
REVISTA, NOTICIAS E COMUNICADOS
FORO
LISTA DE CORREO

¿Qué pretendemos? | ¿Qué é unha anpa? | ¿Qué é unha federación comarcal de anpas? | ¿Qué é un consello escolar? | Estatutos

¿Quén somos?

Somos unha federación comarcal, na que estamos integrados tódalas anpas centros de ensino da Estrada, asicomo, o I.E.S. Chano Piñeiro de Forarei e o C.E.I.P. Don Aurelio de Cuntis; é o noso interés que pasen a formar parte da mesma os outros centros de ensino de Forcarei e de Cerdedo.

A Xunta Directiva desta Federación Comarcal está composta  polos seguintes membros:
    -Presidenta: Consuelo Porto Puente
    -Vicepresidente: Antonio Castroagudín Costas
    -Secretario: José Miguel Vela Esteban
    -Tesoureira: María Luz Rey Pazos
    -Vocais: Tódolos Presidentes das Anpas integrantes da Federación; máis outro calquera dos membros da  súa Xunta Directiva.


¿Qué pretendemos?

Pretendemos obter unha mellora na educación pública -a de nosos fillos/as-, a través da constante información e unión de vontades.  Como botón de mostra publicamos este pequeno informe para aclarar algunhas dúbidas respecto a cuestións coma as seguintes:
 
  SUBIR
(pulsa para subir)


¿Qué é unha anpa?
É unha asociación que constituen os pais, nais e titores nos centros docentes cas seguintes finalidades:
        - Asistir ós pais/nais ou titores en todo aquelo que atinxe á educación de seus fillos ou pupilos.
        - Colaborar nas actividades educativas dos centros.
        - Promove-la participación dos pais/nais de alumnos no exercicio de seu dereito, e intervir no control e xestión dos centros sostidos con fondos públicos.
        - Facilita-la representación e a participación dos pais/nais de alumnos nos consellos escolares dos centros públicos e concertados, se é o caso.
        - Calquera outras que, dentro da normativa vixente, lle asignen os seus respectivos estatutos.
                        (Artígo número 5 da Orde de 16 de xaneiro de 1987 -D.O.G. do 22-01-1987)
As actuacións da anpa en relación co centro educativo poden ser as seguintes:
        - Propoñer un representante seu para formar parte do consello escolar do centro.
        - Elevarlle propostas o consello escolar para a elaboración do proxecto educativo e ó equipo directivo para elaboración da programación xeral anual.
        - Informar ó consello escolar daqueles aspectos da marcha do centro que considere oportuno.
        - Informar ós asociados da súa actividade.
        - Recibid información, a través dos seus representantes no consello escolar, sobre os temas tratados nel.
        - Elaborar informes para o consello escolar a iniciativa propia ou a petición deste.
        - Elaborar propostas de modificación do regulamento de réxime interior.
        - Formular propostas para a realización de actividades complementarias e extraescolares que, unha vez aceptadas, deberán firgurar na programación xeral
           anual.
        - Coñece-los resultados académicos referidos ó centro, e a valoración que deles realice o consello escolar.
        - Recibir un exemplar da programación xeral anual, do proxecto educativo, dos proxectos curriculares de etapa e das súas modificacións.
        - Recibir información sobre os libros de texto e os materiales didácticos adoptados polo centro.
        - Fomenta-la colaboración entre tódolos membros da comunidade educativa.
        - Facer uso das instalacións do centro nos termos que establezca o consello escolar, de acordo coa lexislación vixente.
                       Para educación infantil e primaria (Decreto 374/1996, do 17 de octubro -D.O.G. do 21-10-1996); para educación secundaria (Decreto 324/1996, do 26 de xullo -D.O.G. do 9-8-1996)
Toda anpa ten dereito a dispor dun local social para o desenvolvemento das actividades internas, sempre que as disponibilidades do centro o permintan (Artígo 10.3 da Orde de 16 de xaneiro de 1987 -D.O.G. do 22-1-1987)

SUBIR
(pulsa para subir)
 


¿Qué é unha federación comarcal de anpas?
É a posibilidade que ten as anpas para mellora-las súas actuacións e potencia-la presencia dos pais/nais diante dos distintos órganos da administración educativa (Artígo 9 da Orde do 16 de xaneiro de 1987 -D.O.G. do 22-1-1987)
En esa liña os nosos obxectivos primordiais son a defensa dun ensino público de calidade para os nosos fillos; así como, coordinar recursos, estimular actividades, compartir experiencias, etc.

SUBIR
(pulsa para subir)


¿Qué é un consello escolar?
O consello escolar é o órgano a través do cal participan na xestión do centro os distintos membros da comunidade escolar.
Hai que ter en conta que o consello escolar é o responsable entre outras funcións de:
        - Establecer directrices, aprobar e avaliar o proxecto educativo do centro.
        - Elexi-lo director do centro, e propoñe-la revocación deste.
        - Decidir sobre a admisión de alumnos.
        - Aprobar e modificar o regulamento de réxime interno do centro.
        - Aproba-lo orzamento e a programación anual.
        - Aproba-la programación das actividades escolares complementarias.
        - Vixia-la conservación do centro, renovación, equipamento, etc.
 
Colocamos aquí un enlace a unha páxina onde se fala  da "Normativa legal básica para la organización y funcionamiento de El Consejo Escolar  en las Escuelas Públicas de Educación Infantil y en los Colegios de Educación Primaria". Podrás acceder a ela  pinchando aquí.
SUBIR
(pulsa para subir)

Estatutos

1.  CONSTITUCIÓN, DENOMINACIÓN E FINS
2.  DOMICILIO, ÁMBITO TERRITORIAL E ÁMBITO FUNCIONAL
3.  ÓRGANOS DE GOBERNO
4.  DOS MEMBROS DA FEDERACIÓN
5.  RÉXIME ECONÓMICO OU PATRIMONIO FEDERAL
6.  DISOLUCIÓN
7.  INCOMPATIBILIDADES
8.  DISPOSICIÓN FINAL
 

FANPAS “NORTE” (FEDERACIÓN COMARCAL DE ASOCIACIÓNS DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS DO NORTE DE PONTEVEDRA)

1.  CONSTITUCIÓN, DENOMINACIÓN E FINS
Artigo 1. Constitúese a Federación Comarcal de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos do Norte de Pontevedra, FANPAS “NORTE”, ó amparo da vixente Ley en materia asociativa.
Artigo 2. Serán fins desta Federación:
            2.1   A.  Esixir ante os órganos competentes da Aministración que se cumpran as Leis relativas á Educación, entendendo esta como Dereito Humano de carácter fundamental.
                    B.  Representar e defender os dereitos e intereses das Asociacións que a integran.
                    C. Coadxuntar á acción das Asociacións integrantes, para o mellor desenrolo dos seus fins, individual ecolectivamente.
                    D. Coordinar e unificar esforzos encamiñados a promover actividades de proxección socio-cultural-deportiva no seu ámbito teritorial ou en colaboración con outras Federacións e Confederacións.
                     E. Servir de moderadora entre as Asociacións, sexan ou non membros da mesma, nos problemas que entre elas poidan xurdir.
                     F. Promover a integración na Federación de tódalas Asociacións de Nais e Pais de Alumnos non federadas e que radiquen no seu ámbito territorial.
                     G. Calquera outra actividade comprendida nesta clase de Federacións, como poder arbitrar medios económicos para axudar ós seus integrantes, ó obxecto de que poidan desenrolar máis e mellor as súas actividades.
            2.2  En ningún caso pederán ampararse dentro dos fins da Federación actividades contrarias ás Leis ou  á boa marcha da ensinanza.
            2.3  Esta Federación é independente dos Partidos políticos e os que se integren nela fano únicamente en función das súas obrigas como nais ou pais e como cidadáns, pero ninguén poderá ser excluído dela por ideoloxía política ou pola súa concepción filosófica ou relixiosa da vida.
SUBIR
(pulsa para subir ó índice de Estatutos)
2.  DOMICILIO, ÁMBITO TERRITORIAL E ÁMBITO FUNCIONAL
Artigo 3. Domicilio:  A Federación terá o seu domicilio no Centro Escolar máis equidistante de tódolos demáis e que reúna as mellores condicións; en tanto non se dispoña doutro propio.
Artigo 4. Ámbito territorial:  O ámbito territorial de actuación serán os Concellos da Comarca Tabeirós-Terra de Montes e limítrofes
Artigo 5. Ámbito funcional:  O resultado das accións que desenrole a Federación será aplicable de modo prefe-rente ós Centros docentes públicos non universitarios.
SUBIR
(pulsa para subir ó índice de Estatutos)
3.  ÓRGANOS DE GOBERNO
Artigo 6. A Federación estará rexida polos seguintes órganos:
1º ASAMBLEA XERAL
2º XUNTA DIRECTIVA
Artigo 7
        1-  A Asamblea Xeral é o órgano supremo, expresivo da vontade da Federación.  Forman parte integrante da mesma tódalas Asociacións federadas en réxime de igualdade de dereitos.  A Asamblea Xeral estará formada por:
                  A.  A Xunta Directiva de Federación
                  B. Os Presidentes de tódalas Asociacións federeadas, máís dous membros da Xunta Directiva de ca- da unha delas, designados a tal efecto polas mesmas.  No caso de que algún dos representantes non poida asistir, a Asociación nomeará un suplente que, legalmente autorizado polo seu Presidente, formará parte da Asamblea.  As Asambleas Xerais poden ser Ordinarias e Extraordinarias.
                 C.  Poderán asistir, con voz pero sen voto, os representantes doutras ANPAS, ademáis de calquera membro das asociacións que forman a Federación.
         2-  Reunirase en sesión ordinaria mínimo dúas veces ó ano.
         3-  A Asamblea Xeral extraordinaria reunirase cando o xulgue a Xunta Directiva ou por solicitude escrita dun 30% dos membros da Federación.
         4-  Para que as sesións sexan válidas en primeira convocatoria precísase:
                 A.  Que se convoque cun mínimo de antelación de oito días á data da celebración, debendo indicar o lugar, día, hora e orde do día.
                 B.  Que asistan á mesma, presentes ou representados, a metade máis un dos representantes.  En segunda convocatoria os acordos tomados na sesión son válidos, calquera que sexa o número de asistentes.  Estas condicións son imprescindibles tanto para as sesións ordinarias como para as extraordinarias; a excepción do prazo da convocatoria destas últimas, que poderá ser de corenta e oito horas.
         5-  Corresponden á Asamblea Xeral as seguintes facultades:
                 A.  A modificación dos Estatutos.
                 B.  A elección, de entre os socios das Asociacións federadas, de candidatos a formar parte da Xunta Directiva ou de Comisións Executivas de federacións e confederacións ás que pertenezca esta Federación.  Pasando a integrarse na Xunta Directiva, no caso de ser elexidos nas federacións ou confe- deracións correspondentes, en calidade de representantes das mesmas.
                 C.  A elección, de entre os membros de Asociacións federadas, da Xunta Directiva da Federación; deixando a salvo o especificado no apartado anterior.
                 D.  Liquidación e aprobació dos presupostos xerais.
                 E.  A fixación das cuotas ordinarias e extraordinarias que han de satistacer as Asociacións federadas.
                 F.  A disolución da Federación.
                 G. O voto de censura a todos ou algún dos compoñentes da Xunta Directiva da Federación; a  aprobación da cal, en asamblea extraordinaria, convocada ó efecto, supón a perda do cargo ou representación exercida polos afectados.
                 H. Calquera outro cometido que lle atribúan os Estatutos.
         6-  As decisións da Asamblea serán tomados por maioría simple (a metade máis un dos votos emitidos), excepto nos casos previstos nos Estatutos.  A votación será secreta ou a man alzada, según o decida a Asamblea.
En votación a man alzada, tódolos integrantes da Asamblea terán voz, pero só disporán de voto os pertene-centes á mesma en condición de representantes das Asociacións federadas (artº 7.1.b).
         7-  A Asamblea Xeral da Federación, válidamente constituída, é o órgano supremo da mesma e os acordos adoptados con arregro ós Estatutos obrigan ós seus membros.
         8-  A Asamblea estará presidida polo Presidente da Federación, acompañado na mesma polos membros da Xunta Directiva.
         9-  A orde do día da Asamblea, tanto ordinaria coma extraordinaria, faraa a Xunta Directiva, recollendo as propostas e suxerencias das Asociacións integrantes, feitas por escrito e presentadas quince días antes da data de celebración.
        10-  As cuestións que xurdan fóra da orde do día poderán ser tratadas na Asamblea sempre que esta decida, por votación, a conveniencia de facelo nesa Asamblea.  Os votos favorables terán que sumar os dous tercios dos asistentes.
Artigo 8.  Xunta Directiva:  É o órgano executivo da Federación, encargado de velar pola execución dos acordos tomados en Asamblea Xeral, como órgano supremo de decisión.
           1-  A Xunta Directiva estará formada por:  Presidente/a, Vicepresidente/a, Tesoureiro/a, Secretario/a, Vicesecretario/a, os/as Vocais que se consideren necesarios e os Representantes da Federación en Xuntas Directivas, Comisións Executivas de federacións ou confederacións de ámbito territorial ou funcional superior, contempladas no artº 7.5.b.
          2-  Cada Xunta directiva, durante o seu mandato, deberá nomear ós responsables das respectivas vocalías.
          3-  A Xunta Directiva, como mandatario da Asamblea, ten a obriga de executar os acordos adoptados por esta.  Estará facultada ademais para decidir sobre aquelas cuestións que, pola súa urxencia, non poidan levarse á Asamblea, tendo ao seu cargo a xestión legal e os trámites das actividades da Federación, tendo que render contas de todo iso na primeira Asamblea que se celebre.
          4-  Os cargos da Xunta Directiva durarán dous anos e poderán ser reelexidos sucesivamente na súa totalidade.  Non obstante, os representantes da Federación en Xuntas Directivas ou Comisións Executivas de Federaricóns ou Confederacións de ámbito funcional ou territorial superior adaptaránse no seu caso ás normas Estatutarias da Federación ou Confederación respectiva.
          5- A Xunta Directiva tomará posesión dos seus cargos en Asamblea Xeral Ordinaria, mediante acta que se asinará polos membros da Xunta que cese.  Se algún dos nomeados non puidese tomar posesión do seu cargo por calquera circunstancia, será substituído polo representante ó que substituíse durante un mes como máximo.   Pasado este prazo, no caso de non poder incorporarse o novo representante, a Xunta Directiva convocará novas eleccións para cubrir este posto nun prazo non superior a quince días seguintes de cumprido este mes de prazo.  De todo isto será preciso levantar unha acta, debendo o Secretario enviar unha copia da mesma ás Asociacións integrantes da Federación.
          6- A Xunta Directiva poderá designar ponencias integradas por varios membros da Federación e presididas por un destes ou por un cargo da Xunta para realizar plans e actividades determinandas.
          7-  Os acordos da Xunta Directiva tomaránse por maioría dos presentes, decidindo o voto do Presidente no caso de empate.
          8- Son funcións da Xunta Directiva:
                 A. Decidir a entrada de novos socios, de acordo co disposto nos Estatutos.  B. Convocar as Asambleas e redactar a orde do día.  C. Propoñer á Asamblea para que sexa aprobado, se procede, o presuposto anual, o balance do exercicio e o programa de actividades realizadas, así como o do exercicio seguinte.
                 D. Presentar á Asamblea tódalas cuestións ou problemas que pola súa importancia teñan que decidise nela.
                 E. Decidir sobre os acordos e iniciativas que sometan á súa consideración as Asociacións ou Comisións de Traballo.
                 F. Facer chegar a tódalas asociacións, a través dos seus representantes, tódalas publicacións ou traballos que faga a Federación.
                 G. Supervisar o funcionamiento da administración da Federación.
                 H. Orientar a actuación dos Representantes da Federación en Xuntas Directivas ou Comisións Executivas de Federacións ou Confederacións de ámbito funcional ou territorial superior, segundo as directrices emanadas da Asamblea Xeral.
Artigo 9.  Idioma: O idioma oficial da Federación será o galego.  Os Estatutos redactaránse en galego.
Artigo 10.  Corresponde ó Presidente/a:
         1-  Ser o representante legal e oficial da Federación en tódalas actividades.
         2-  Presidir as Asambleas.
         3.  Ordenar os pagos da Federación.  Así como poder dispoñer dos fondos da Federación Comarcal de  forma indistinta cos outros membros autorizados ó efecto.
         4.  Estar informado das cuestións da administración.
         5.  Asinar as comunicacións oficiais da Federación e dar o Visto e Prace, como representante legal  que é da Federación, a tódolos comunicados públicos das comisións de traballo.  As circulares que traten de cuestións estrictas de organización e trámite e que correspondan á administración non necesi-  tan levar sinatura do Presidente.
         6.  Impulsar e dirixir a actuación da Federación.
Artígo 11.  Corresponde á Vicepresidencia:
         1- Asumir as funcións do Presidente por ausencia ou cese deste, así como por delegación, expresa e por escrito, do Presidente.
         2- Poderá dispoñer dos fondos da Federación Comarcal de forma indistinta cos outros membros autorizados ó efecto.
Artigo 12.  Corresponde ó Secretario/a:
         1-  Asistir como tal ás Asambleas e reunións da Xunta Directiva.
         2-  Recoller as suxerencias das Asociacións e preparar as reunións da Asamblea ou Xunta Directiva, elaborando a Orde do Día; así como, redactar as Actas e asinalas conxuntamente có Presidente.
         3-  Asinar as circulares e demáis comunicacións de organización e trámite.
         4-  Dirixir os traballos do presoal administrativo da Federación, se o houbese.  Hoja 4/6
         5-  Levar os libros de rexistro dos membros nos que fará constar: nome, domicilio e número de inscripción no rexistro de Asociacións, así como todos aqueles libros e ficheros que sexan necesarios para o bo funcionamento da Federación.
         6-  Elaborar a Memoria Anual da Federación, someténdoa á aprobación da Xunta Directiva para a súa presentación a Asamblea Xeral.
         7-  Redactar os documentos e certificacións que sexan necesarios, autorizándoos có súa sinatura.
         8-  Cumprir os acordos que dentro do seu contido específico lle confíe a Xunta Directiva.
Artigo 13.  Corresponde ó Vicesecretario/a:  Normalmente fará as funcións de secretario adxunto e substituirá ó
Secretario por ausencia ou cese deste.
Artigo 14.  Corresponde ó Tesoreiro/a:
         1-  Recoller os ingresos de fondos da Federación nas contas correntes ó efecto abertas en entidades finan-cieras e satisfacer as obrigacións, as ordes de pagamento das cales estarán autorizadas polo Presidente.
         2-  Asinar os comunicados propios do seu cargo.
         3-  Abrir as contas correntes bancarias acordadas pola Xunta Directiva.  Das cales poderá dispoñer dos fondos da Federación Comarcal de forma indistinta cos outros membros autorizados ó efecto.
Para dispoñer dos fondos só será necesaria unha das sinaturas dos membros autorizados nestas Escrituras (Presidente/a, Vicepresidente/a ou Tesoreiro/a).
         4-  Confeccionar os presupostos de ingresos e gastos, así como o balance anual, para sometelo á Asamblea Xeral despois da súa revisión e aprobación pola Xunta Directiva.
SUBIR
(pulsa para subir ó índice de Estatutos)
4.  DOS MEMBROS DA FEDERACIÓN
Artigo 15.  Dos socios:  Serán socios da Federación tódalas Asociacións legalmente constituídas e que solicitasen a súa Federación á Xunta Directiva e sexa aprobada a súa integración pola Asamblea Xeral.
Artigo 16.  Corresponde ós socios:
         1-  Cumprir os Estatutos e acordos tomados pola Federación.
         2-  Pagar as cuotas federais.
         3-  Asistir ós actos da Federación e participar activamente ou a través de propostas e mocións.
         4-  Votar nas Asambleas e exercer os cargos para os que foren elixidos.
         5-  Ser atendidos e escoitados nas cuestións plantexadas que entren dentro dos fins da Federación.
         6-  Beneficiarse de tódolos servicios que poida crear a Federación.
Artigo 17.  Perda da condición de socio:
         1-  Por baixa voluntaria, acordada en Asamblea Xeral da Asociación integrante.
         2-  Por falta de pago, reiterado, das cuotas sociais fixadas pola Federación.
         3- Poderá ser porposto o cambio de representante/s de calquera Asociación federada sempre que non cum-pra/n, con reincidencia, o establecido nos Estatutos ou as misións que pola Asamblea Xeral se lle asignasen.
         4- Ningunha Asociación integrante da Federación poderá ser expulsada, salvo por incumprimento, con rein-cidencia, das decisións adoptadas na Asamble Xeral, por maioría simple.

5.  RÉXIME ECONÓMICO OU PATRIMONIO FEDERAL
Artigo 18.  Os fondos económicos da Federación comporanse da seguinte forma:
        1-  As cuotas dos membros.
        2-  As cuotas extraordinarias.
        3-  As subvencións de organismos oficiais ou privados.
        4-  Os donativos e os ingresos que poida recibir por calquera outro concepto.
        5-  O Patrimonio da Federación non poderá ser superior a dez mil euros e o presuposto inicial non excederá de mil euros.
SUBIR
(pulsa para subir ó índice de Estatutos)
6.  DISOLUCIÓN
Artigo 19.  1-  A Federación constitúese por tempo ilimitado, non obstante, poderá disolverse en calquera momento por acordo da Asamblea Xeral, convocada expresamente ó efecto.  O acordo de dita Asamblea necesitará o voto afirmativo das dúas terceiras partes dos membros presentes.No caso de disolución actuará como Comisión Liquidadora a última Xunta Directiva ou os membros pertencentes á Federación que se asignen, segundo acordo da Asamblea Xeral, a cal procederá a allear os bens federais e co seu producto extinguirá as cargas da Federación, destinando o sobrante, se o houbese, a repartir, en pates iguais, entre as Asociacións integrantes da Federación.

7.  INCOMPATIBILIDADES
Artigo 20.  Aqueles membros que, pola súa profesión, puideran verse condicionados para cumprir as decisións da Federación, poderán renunciar ó seu cargo ou nomeamento da Xunta Directiva.

8.  DISPOSICIÓN FINAL
Serán de aplicación supletoria as normas da Lei de 24 de decembro de 1964 e demáis disposicións concordantes.
 
 
SUBIR
(pulsa para subir ó comenzo da páxina)