¿Queres montar unha emisora de radio en INTERNET?

¡Estar no aire! ¡É posible!

A radio a través de Internet é xa unha realidade. O que comenzóu de maneira experimental fai anos xa é algo do día a día de moitos usuarios da Rede que emplean as posibilidades que nos ofrecen as nuevas tecnoloxías para contactar con fontes de información alternativas, como por exemplo as emisoras de radio montadas por particulares con "catro duros". E con menos, xa que con programas gratuitos como myCaster, cualqueira que teña una conexión a Internet e una colección de mp3 que queira emitir, pode montar a súa propia estación de radio na súa propia casa. Máis fácil, imposible.  Basta con descargar este programa e abrir unha conta no servidor de myCaster, nun par de minutos. A partir de ahí, basta con seleccionar os archivos mp3 que queremos emitir, e as ondas virtuáis comenzarán a salir automáticamente do noso módem cara á Rede, para ser escoitadas por cualquer oínte do mundo. O programa ten tamén a posibilidade de incluir voz falada mezclándoa coa música, ou incluso de emitir instrumentos en directo.

Hasta agora si  pulsabades mycaster.com chegabades á páxina onde o podíades obter gratuitamente o programa par poder emitir . E para ter un manual de instalación EN CASTELÁN, tedes que pulsar aquí.

Pero MYCASTER pechóu e deixamos estas notas aquí

por si acaso volve a funcionar, pois xa pasóu esto outra vez.

De todos xeitos vamos indicar aquí os parámetros básicos de configuración de MYCASTER, pois son moito máis fáciles do que se poida pensar:
1º Paso.- Ir a http://www.mycaster.com e baixarse o programa que permitirá emitir, pulsando free download.

2º Paso.- Instalar o programa.

3º Paso.- Unha vez descargado e instalado el programa, tan só debédes indicar certos datos como son o nome que queredes darlle á vosa emisora, a URL da vosa web e o tipo de música que vaiades a emitir, ou ben colocarvos en "others", si é que non vades a emitir un tipo de música concreto.. Tamén tedes que indicar a calidade de sonido á que queredes emitir. Tedes que ter en conta que canta máis calidade, máis cortes escoitasránse na reproducción.

4º Paso.- Xa podedes emitir. Coa posibilidade de falar á vez de estar emitindo música ou ben cousas grabadas e logo convertida a formato MP3. Para poder falar tan só tedes que pulsar en "dj" e no cadro que se abre, pulsando o botón azul, e tendo o micrófono activado, podedes falar con música ou sin música de fondo, pois en "mixer" podedes mezclar ou eliminar a música ou a voz ao voso antoxo. A voz sale ao aire con un certo desfase de tempo, pois ten que ir ao servidor de mycaster, para que este reparta o sinal. Pero seguindo estos pasos "xa estades en directo". Lóxicamente para emitir tedes que ter o ordeador encendido, e o programa activo, pois tan só nese caso vos localizarán. 

Estamos probando a grabar nun cassete, ou por outro medio para logo convertir o sonido a formato MP3 e así poder ter diferentes programacións. Estas programacións pódense facer creando varias emisoras ou subemisoras, con acceso directo na vosa páxina web, a así os visitantes poden escoitar calquera delas.

Agradecemos de antemán calquer información adicional ou comentario sobre este asunto.



Dimos moitas voltas para atopar información de como emitir, pero ao fin conseguímolo. De todos xeitos non estamos aún no aire, á espera de que a Xunta de Galicia instale ordenadores e a liña ADSL nos colexios, tal como regula una medida comunitaria do 8 de decembro de 1999 donde se regula este asunto, no apartado que textualmente dí:
"Antes de que finalice 2001, los Estados miembros deberán garantizar que todas las escuelas tengan acceso a Internet y a los recursos multimedia y antes de que finalice 2003, todos los alumnos deben tener una formación digital en el momento de dejar las aulas. "

PERO por si vos fai falta, podédevos  axudar cos traductores.

Hasta aquí vos explicamos a forma sinxela de emitir pero MYCASTER parece que pechóu, polo que nos seguintes apartados tedes a opción clásica e clara información



 De todos xeitos é máis que recomendable leer os artigos que se citan a continuación, pois  amplían a información e aclaran moitas cuestións que resultan imprescindibles para facer as cousas ben.
Radio MP3 - La radio del futuro está al alcance de todos
Radio - Un nuevo medio con audiencias potenciales de ámbito mundial
Nesta web

Se pulsas aquí , atoparás un manual en castelán para configurar Shoutcast, e poder emitir en Internet. SHOUTcast   é o que lle da a WinAMP o toque final. Con esta ferramenta podrás montar unha emisora de radio para emitir por internet. Tamén debédes configurar o Winamp, e para elo, debedes pulsar aquí. Nesta outra dirección: http://www.terra.es/personal4/insessions/emitir/emitir.htm, tamén explican e dun xeito bastante sinxelo como hai que configurar tódolos parámetros para poder emitir.E nestas outras tamén:

http://members.tripod.es/yinho/shoutcast.htm

http://www.ayuda-internet.net/manu-shoutcast.html

http://www.ayuda-internet.net/tutorial-wimanp.html Este manual do winamp, tamén axuda.

!Sorte, e mans á obra¡

¡ Si o logrades, xa nos contáredes !


Vamos a empezar a colocar aquí algunhas direccións de radios escolares, que inda que non estén feitas ca tecnoloxía que aparece nesta páxina poden dar idea do interés que ten unha radio na Escola.

Asimesmo, as nosas emisoras chamáronse: ¡ MENUDARADIO, a radio para a xente ¿menuda? ! e  FANPASNORTE RADIO. Lóxicamente tan só emitimos en fase de probas, pero polo de pronto o importante e colocar aquí esta POSIBILIDADE.
 

Ahí vai a primeira que atopamos:
http://sapiens.ya.com/bo1024/

  Aquí tedes outra experiencia de radio:

PONTE...NAS ONDAS!
Un grupo de profesores/as da Galiza (España) e do Norte de Portugal vimos realizando desde hai 6 anos unha experiencia educativa entre as nosas escolas e institutos chamada PONTE...NAS ONDAS!. A experiencia consiste na realización dunha xornada de radio elaborada integramente polos/as alumnos/as das escolas participantes. Esta xornada de emisión elaborase ao longo do curso escolar co intercambio de traballos entre todas as escolas e institutos participantes e coa integración na actividade de persoas do mundo da cultura ( escritores, artistas, cantautores, etc..).

Para iso cóntase coa colaboración de varias  emisoras de radio de Galiza e Portugal, das Câmaras Municipais e dos Concellos próximos e da Compañía Telefónica, que aporta a infraestrutura técnica para a emisión.

Coa emisión a través de Internet,  a actividade adquiriu unha nova dimensión, achegando a escolas, profesorado e personaxes da cultura de diferentes países. Ademais de escolas de Francia, Holanda ou Finlandia, merece a pena destacar as da área lingüística máis próxima, como a recente incorporación de escolas do Brasil.

No aspecto de incorporar á experiencia aos medios de comunicación e representantes da cultura, cabe destacar como xornalistas de Barcelona, Madrid ou Lisboa se interesaron pola experiencia e mesmo estableceron conexións en directo dentro dos seus programas. Cabe destacar a conexión na 4ª e 5ª edición da xornalista Julia Otero desde o seu programa "La radio de Julia", as conexións establecidas por Iñaki Gabilondo desde o seu programa " Hoy por Hoy " e a de Diamantino José desde Lisboa para " Tardes da Telefonía " .

No referido á presencia da xente da cultura, cantautores de Galiza e de Portugal como Uxía e Joao Afonso chegaron a realizar gravacións especiais para o día da emisión. Tamén deputados do Parlamento Europeo ou mesmo o premio Nobel de literatura José Saramago chegaron a seren entrevistados nalgunha das edicións. Este aspecto fixo que a experiencia transcendese do ámbito estrictamente escolar e emerxese como unha plataforma de integración entre o ámbito cultural e o educativo.

Nun momento en que a escola ten que abrir xanelas a un mundo cada vez mis globalizado, presentamos unha experiencia que integra o traballo cos medios de comunicación incorporando á cultura máis próxima. Actividade que se dá a coñecer a toda a sociedade na que os xoves están inmersos a través deses medios de comunicación nos que eles mesmos son protagonistas.

Por tanto, PONTE...NAS ONDAS! é unha ponte de comunicación entre os xoves, os profesores, os xornalistas e a xente da cultura,  que poden comunicarse nunha lingua común desde a súa realidade social, educativa e cultural compartindo unha experiencia multicultural.