|
|
|
|
|
"OS PEREIRIÑOS": UN EXEMPLO A SEGUIR
Certame
Escolar dos Pereiriños
precedentes, memoria e actualidade
Con motivo da cuarta edición do "CERTAME ESCOLAR DOS PEREIRIÑOS", na histórica carballeira do mesmo nome na parroquia de Curantes, ó mestre xubilado Olimpio Arca Caldas, ca inestimable colaboración, no aspecto fotografico, da promotora e organizadora da xuntanza, Marisé García Hermida, publicóu un libro onde nos fala daquela fermosa Festa Escolar que durante quince anos, entre 1916 e 1931, se celebraba ó remate do curso escolar nas escolas de Rubín, Lamas, Pardemarín, Olives e Curantes, do concello Da Estrada (Pontevedra), baixo as directrices das Sociedades de Instrucción creadas alén mar polos emigrantes desas parroquias e coordinadas polo Sindicato Agrícola de Pardemarín.
Pero como ben fai constar no prólogo do seu libro, "aquelas xornadas
escolares non teñen porque ser felices lembranzas dos nosos avós".
E continúa, e non sin razón, decindo que: "Estas Festas Escolares
teñen aínda, nos tempos actuais, unha boa e necesaria razón
de se celebrar. As reunións das APAS dos nosos colexios redúcense,
moitas das veces, a unhas conversas necesarias pero moi protocolarias. Precisan,
para unha verdadeira integración no espírito de comunidade escolar
dun día de esparexemento, da festa suprafamiliar na que pais, nenos,
mestres e autoridades convivan de verdade satisfeitos e alegres como aqueles
asistentes á carballeira dos PEREIRIÑOS".
Debemos tomar nota tódolos membros da comunidade educativa, nestes tempos
dende aquela tan cambiados, do preciso renacemento de xuntanzas como estas
que nos fan sentir de novo comunidade, e axudan a non aillarnos, a reunir
forzas e esforzos para que o feito educativo non sexa tan só unha mera
transmisión de datos, e reine tamén a alegría.
Pronto Don Olimpio, que moi amablemente, se ofreceú a colaborar con un
artigo, nos falará proximamente máis por dentro destes asuntos.